Campionato Galego de Escalada en Bloque Vigo 2016

Os copiamos la información que nos envía la FGM sobre a FGM sobre la I Proba da Copa e Campionato Galego de Escalada en Bloque

Campionato Escalada Bloque Vigo 2016
Campionato Escalada Bloque Vigo 2016

<<Os días 8,9 e 10 de xullo celebrarase en Vigo a I Proba da Copa e Campionato Galego de Escalada en Bloque, axunto a ficha de inscrición para que a fagades chegar a todos aqueles membros do voso clube que desexen participar en unha ou ambas probas.

Estas probas están incluídas dentro dun gran evento de actividades deportivas, polo que se espera unha gran presencia de público, que desexamos amosen interese pola nosa actividade.

Recordarlle a todos e todas interesadas en participar, que é imprescindible ter a tarxeta federativa do ano en curso, non poderán participar persoas que non a teñan.

Enviar a ficha cuberta a: aclubeazimut@gmail.com
Cuota de participación: 12 €
Ingresar en: Club Azimut, ABANCA ES27 2080 5053 6430 4002 1783, remitir copia do ingreso ao correo anterior e copia da licencia federativa, escaneada ou foto formato jpg
Prazas dispoñibles, masculina e feminina: 50
O prazo de inscrición finaliza o 5 xullo

CATEGORIA SUB-18
Os sub-18, masculina e feminina teñen a inscrición gratuita, pero teñen que cubrir a ficha e autoriación materna ou paterna para poder participar. O prazo de inscrición e o mesmo, ata o 5 de xullo.
Prazas dispoñibles sub-18 masculina e feminina: 25
Máis detalles, na páxina web do clube organizador, onde podedes consultar as dúbidas>>