IV Maratón Escalada Canón do Sil

Nos envía Lucas la siguiente información:

<<Bos Días,

Poñémonos en contacto con vos para informaros dun evento que estamos organizando de novo que seguro é de interese entre os/as vosos/as socios/as que é IV Maratón de Escalada no Canón do Sil.

A proba realizarase o 10 de setembro e trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en función da súa dificultade, lonxitude, etc. Gañará a cordada que consiga o maior número de puntos.

É importante descatar que para participar na proba é preciso inscribirse antes do día 1 de setembro. A inscrición realizarase por equipos a través do Club Alpino Ourensán xa sexa nas súas oficinas ou mediante a súa páxina web:

http://inscripcions.clubalpinoourensan.es/maraton/index.php

A inscrición formalizarase no momento do pagamento da cuota, que será de 14 € por cordada e que dará dereito a:
-Camiseta do evento.
-Un premio para o equipo gañador e o escalador que faga a vía de mais grado
-Sorteo de premios

A aforo estará limitado a 30 cordadas.

No seguinte link podedes atopar toda a información: http://www.clubalpinoourensan.es/maraton/

Debido a limitación no prazo de inscripción ata o 1 de setembro e as datas de verán, rogamos a máxima difusión entre os/as vosos/as socios/as xa que moitos/as deles seguro estarán interesados/as en participar.

Gracias.
Un saudo.>>

IV Maraton Escalada Canón do Sil
IV Maraton Escalada Canón do Sil