Prazas para Escola Galega de Alta Montaña

Reproducimos a siguiente información da FGM:

<<Ábrese o prazo de presentación de documentación para solicitar o acceso e incorporación a Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) da FGM de federados galegos titulados.

Como sabedes, o obxectivo principal da EGAM é formar aos deportistas federados galegos dende a iniciación ata o perfeccioamento en calquera dos deportes incluidos na FGM. Para o cumprimento de dito obxectivo, a EGAM está formada por técnicos das diferentes especialidades deportivas que dan resposta as inquedanzas dos deportistas federados propoñendo un calendario anual de accións formativas.

Animamos a todos os novos técnicos deportivos formados segundo o RD 318/2000 a formar parte dun colectivo ilusionado e motivado na mellora dos deportes de montaña en Galicia en todos os seus aspectos, deportivos, de respeto co medio natural e seguridade na práctica.

Axuntamos pdf con carta – circular do presidente e formulario para formalizar a entrada na EGAM>>

Circular novos técnicos deportivos

Solicitude novos técnicos deportivos