Noraboa Adrián

O pasado 21 de Outubro, Adrián Alvarez participou no Campionato de España Xuvenil de dificultade, neste link á páxina da FGM podemos ler as súas palabras trala participación:

“A verdade e que para min foi unha das millones experiencias da mina vida, pero a escalada dende o meu punto de vista non e solo competicion; a sua millor parte e a de tirarte polo monte e patear, descubrir paisaxes únicas e coñecer xente incrible”   e engade    “Con isto quero animar a calqueira que teña a oportunidade de probar este deporte a que o faga, xa que ,sen dubida, quedara enamorado del… “

A nosa noraboa para Adrián.