I Proba da Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor

Dende Lugo temos outra competición, neste caso é a xente do Clube Verso Libre e O Veral:

“Lémbrovos que o vindeiro sábado 2 de xuño terá lugar a I Proba da Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor na cidade de Lugo no Rocódromo do Palomar. Como é habitual, pola mañá terán lugar as clasificatorias e pola tarde as finais.

A proba está coorganizada polo Clube Verso Libre e O Veral.

As inscricións a proba as tendes que facer no enlace que figura no cartel da proba.

Recordar que os e as escaladoras que participen menores de 18 anos non teñen que pagar a inscrición.

Calquer dúbida que xurda poñédevos en contacto cos clubes organizadores, ou con nós neste mesmo correo.

Animamos a todos os vosos socios que desexen participar no circuito da copa ou simplemente nesta proba.

Un saludos e nos vemos en Lugo”