I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA SEMANA DA MONTAÑA DA CORUÑA

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA SEMANA DA MONTAÑA DA CORUÑA

Presentamos a primeira edición deste concurso de fotografía, no que buscamos imaxes relacionadas coas actividades deportivas desenroladas ao aire libre.

Data límite 31 Outubro 2018

Será válida calqueira disciplina deportiva realizada no campo, no monte ou a montaña, tales como sendeirismo, alpinismo, escalada, espeleoloxía…

1 PARTICIPANTES:

Sen límite de idade, toda persoa (adult@, ou menor) de calqueira nacionalidade pode participar no concurso.

Quedan excluidas da participación neste concurso calqueira persoa que colabore de maneira directa na organización do concurso, así como os membros do xurado.

2 IMAXES:

Un máximo de dúas (2) fotografías por cada participante, presentadas en formato JPEG, cunha resolución de 300 ppp, cunha dimensión mínima no lado menor de 20 cm, e cun tamaño NON inferior a 2 mb.

Non se admitirá ningunha fotografía cuxos dereitos de propiedade intelectual non pertenzan íntegramente e sen excepción á propia persoa participante no concurso. As personas participantes garantizan que as fotografías presentadas ao Concurso, son da súa autoría e se fan plenamente responsables do seu contido.

Para as fotografías nas que aparezan persoas recoñecibles, os concursantes deberán ter autorización das mesmas. A organización resérvase o dereito a pedir unha autorización por parte das mesmas, para o uso da súa imaxe.

As fotos enviaranse por email á dirección de correo electrónico: c.f.semanadamontanacoruna@gmail.com

3 PRESENTACIÓN:

Ao enviar as imaxes por correo electrónico, indicarase ademais, o número de teléfono do participante.

Aquelas imaxes que non se axusten ao tamaño indicado o que tengan marca de agua, serán rexeitadas.

4 ORGANIZACIÓN E XURADO:

Estará composto por cinco (5) persoas vinculadas directamente aos eidos da fotografía e/ou a montaña:

Este seleccionará 20 imaxes da totalidade das presentadas a concurso, entre as que fallará as tres (3) imaxes gañadoras.

As fotos seleccionadas serán expostas en soporte físico e/ou dixital durante a celebración de A Semana da Montaña da Coruña.

A organización resérvase o dereito de descartar e excluir do concurso as fotografías presentadas nos siguientes casos:

– Cando as fotografías non cumplan con algún dos puntos contidos nos requisitos de participación.

– Cando as fotografías non se adapten á temática do concurso.

– Cando as fotografías poideran resultar de mal gusto u ofensivas polo seu contido a xuízo da organización.

– Cando as fotografías non reúnan un mínimo de requisitos de calidade técnica ou artística a xuízo da organización.

– Cando as fotografías no alcancen el mínimo establecido en los requisitos técnicos.

– Cando se trate de fotografías que resultaran premiadas noutros concursos de Fotografía.

5 FALLO:

O fallo do xurado será inapelable, no cabendo impugnación algunha e, se hubiese lugar, decidirá sobre cualqueira incidencia que pudiese presentarse.

Comunicarase a os gañadores a través do correo electrónico desde o que se enviaron as imaxes.

6 PREMIOS:

Haberá un 1º premio cun valor de 300 € en artigos de montaña.

Haberá un 2º premio cun valor de 200 € en artigos de montaña.

Haberá un 3º premio cun valor de 100 € en artigos de montaña.

Ningún participante poderá recibir máis de un (1) premio.

A entrega de premios realizarase na última proxección audiovisual de A Semana da Montaña da Coruña.

7 PRAZO DE PRESENTACION DE OBRAS:

As persoas participantes poderán presentar súas obras entre o 15 de Xuño e o 30 de Outubro de 2018 (ambos inclusive) no correo electrónico especificado en el apartado 2 das presentes bases. Os nomes dos gañadores dos premios, faranse públicos nas plataformas dixitais de Ártabros, AMI e Cume Norte.

Esperamos as vosas fotos!!

OBSERVACIÓNS:

A organización poderá reproducir/distribuir as imaxes presentadas ao concurso, sempre e cando sexa sin ánimo de lucro e/ou con fins solidarios ou de cara á promoción de futuras actividades deportivas vinculadas á montaña. Se isto sucediese, a organización estará obrigada a indicar a identidade do aut@r/autores da/s imaxe/s que se reproduzan/distribúan.

@s participantes serán totalmente responsables de que non existen dereitos de terceiros sobre as imaxes presentadas, así como toda reclamación por dereitos de imaxe.

A organización delega nos membros do jurado a valoración daquelas imaxes que presenten cualqueira tipo de manipulación dixital que, segundo o seu criterio, poda desvirtuar o valor da misma.

Os datos personais facilitados polos concursantes serán tratados de conformidade ao establecido na Normativa Europea de Protección de Datos, a través do Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

O feito de participar neste concurso implica a total aceptación das súas bases.

Calquera dúbida ou solicitude de información, na dirección de correo electrónico: c.f.semanadamontanacoruna@gmail.com