Comunicado d Clube de Montaña Ferrol

A xente do Clube de Montaña Ferrol nos pide difundir esta mensaxe:

<<Estimad@s amig@s:

Como ben sabedes dende que se constrúeo o ROCODROMO MUNICIPAL DE
FERROL, a atención do Concello foi mínima, independentemente de quen
gobernara.

Se non fora polos esforzos individuais dalgúns deportistas, e do propio
CLUB DE MONTAÑA FERROL, non sería a instalación mais ou menos digna
que é hoxendía

Dende o principio fixémoslle o favor o concello de regular dalgún
xeito a entrada nunha instalación para un deporte que pode resultar
perigoso.

A mediados do 2017 o Concello propuxo facer un acceso controlado
telemáticamente, o que nos pareceu estupendo, como o tempo pasaba e do
concello, por mais que se lle preguntaba non contestaba, a finais do
2017 dixémoslle que deixabamos de facerlle o traballo que tiña que
facer el como no resto das instalacións deportivas.

En vista, de que se prolongaba no tempo, despois do verán avisamos o
concello de que estábamos fartos.

En Outubro, enviamos correo dicindo que iamos facer un acto de protesta,
algo que voltamos a facer en novembro.

O final en decembro convocamos un “trekking” reivindicativo, coa idea de
“poñer” unha porta (fotos anexas).

Non fixemos mais que comunícalo un mércores no concello e o martes
chama o concelleiro papa unha XUNTANZA URXENTE O MARTES SEGUINTE.

Dende aquela por fin o concello estableceu o sistema de control de
acceso, traballo que van a levar eles. E o COMPROMISO DIRECTO DO ALCALDE
de facer un novo acceso que facilite o uso do mesmo, así como unha
revisión e certificación da instalación.

Así pois con tal de cubrir a solicitude que engadimos, e presentala cos
anexos que marca nas oficinas do Pavillón da Malata, TODO O MUNDO
PODERÁ UTILIZAR.

De principio segue a ser unha instalación gratuíta.

Agárdamos que a partires de agora se normalice o funcionamento dunha
instalación municipal.

Un saudo montañeiro

Montaña Ferrol

www.clubmontanaferrol.gal

CLUB MONTAÑA FERROL>>