AMI Asamblea Xeral 2019

Copio e pego o email que se enviou os socios do AMI 2019.

<<Ola,

Este email é una mensaxe coa información xerada na última asamblea (PDF). Tamén engadimos unhas fotos do diseño da sala de escalada que está remantando o AMI.

Agora máis que nunca emprazamos os socios/as do AMI para que o proxecto da sala siga adiante.

Xa estamos no sprint final, por iso queremos compartir con vos o diseño da sala, o AMI somos todos, e este local axudará a que o mundo vertical comece a despegar.

Esta chamada vai tanto para os alumnos da Escola de Escalada Base do AMI, coma aqueles que levan toda a vida escalando, coma os que descubriron a escalada nos cursos de Félix.

Este proxecto está case listo para inauguración. A idea é abrir o antes posible, iso significa intentar estar o primeiros de marzo.

Calqueira dúbida lembrade que no email estamos para aclarala.

Toda esta información é necesaria para ir xestionando os prazos, papeis e accesos o novo local. Por tanto tendes que ler o PDF adxunto, e evaluar as opcións.

Un saúdo>>

Resultado III Open Escalada A Coruña AMI

Neste III Open da Escalda Base Cidade de A Coruña participaron 42 nenas e nenos de entre 6 e 16 anos, asistiron escaladoras/es de Ourense, Pontevedra e Santiago. O Rodócdromo de A Coruña estrenou novos volumes para a ocasión e visto o nivel de escalada mostrado polos participantes ben podemos decir que a escalda base pouco a pouco vai subindo o nivel e acadando novas cotas.

Foi unha tarde de competición, pero sobre todo de convivencia. A nosa sinceira noraboa as/os participantes e moitas grazas a todos os que o fixeron posible: Elena, Pablo, Jaime Larriet, Jaime Ponce e Iñigo como xueces, Ricardo, Roberto, Ernesto y Xavi como aseguradores dos participantes a competición, Diego como animador. Jesus Carnota diseñador do cartel e Nacho como demostrador das vías.

Nesta URL queda a clasificación das probas.