Campus de Escalada de verán 2019

Hoxe traemos Campus de todo tipo.
 
Xa tiñamos o Campus de Escalada para cativas/os, pois agora tamén temos unhas xornadas de promoción da escalada para rapazas e rapaces entre 13 e 17 anos
 
E outro dentro da nosa campaña a Montaña en Feminino orientado a todas aquelas mulleres que desexen probar a escalada.
Tanto a promoción da Escalada na Xuventude coma a Montaña en Feminino comparten días para as quedas:
26 e 27 Xuño
3 e 4 Xullo
10 e 11 Xullo
17 e 18 Xullo
23 e 24 Xullo
30 e 31 Xullo
7 e 8 Agosto
 
Pero teñen diferentes horarios:
Promoción da Escalada na Xuventude: 12:00h a 13:30h
A Montaña en Feminino: 20:00h a 21:30h (+18 anos)
18:30h a 20:00h (entre 13 e 17 anos)
 
Por suposto para as/os máis pequenos temos o campus de escalada
Maís información no teléfono ou emails dos carteis 😉

Curso de Crestas e Terreos Escarpados

Xa temos o seguinte curso en marcha: Crestas e Terreos Escarpados

Curso Crestas EscarpadosOs días 15 e 16 de Xuño con parte no local da AMI e parte en Baleira Lugo.

Está dirixido a montañistas que desexen aprender técnicas  de montaña para face percorridos de montaña en época estival. Facendo uso de técnicas de progresión seundo tipo de terro: herba, placas rochosas, pedreiras,  …

É necesario un mínimo de material pero existe a posibilidade de falar con clube. Os desplazamentos serán na furgoneta do clube.

 

Campus Verán Escalada na AMI 2019

Xa temos aquí o Campus de Verán de Escalada
 
Curso de iniciación para cativas/os que desexen iniciarse na escalada e outras activiades de montaña.
 
As quendas serán semanais, comezando o 24 de Xuño a primeira e rematando o 9 de Agosto a última, oo horario será de 9:00h a 14:00h
 
O lugar será na Sala da AMI, facendo saídas ao Rocódromo de Riazor e outros lugares da cidade.
 
Campus Veran