Campus de Escalada de verán 2019

Hoxe traemos Campus de todo tipo.
 
Xa tiñamos o Campus de Escalada para cativas/os, pois agora tamén temos unhas xornadas de promoción da escalada para rapazas e rapaces entre 13 e 17 anos
 
E outro dentro da nosa campaña a Montaña en Feminino orientado a todas aquelas mulleres que desexen probar a escalada.
Tanto a promoción da Escalada na Xuventude coma a Montaña en Feminino comparten días para as quedas:
26 e 27 Xuño
3 e 4 Xullo
10 e 11 Xullo
17 e 18 Xullo
23 e 24 Xullo
30 e 31 Xullo
7 e 8 Agosto
 
Pero teñen diferentes horarios:
Promoción da Escalada na Xuventude: 12:00h a 13:30h
A Montaña en Feminino: 20:00h a 21:30h (+18 anos)
18:30h a 20:00h (entre 13 e 17 anos)
 
Por suposto para as/os máis pequenos temos o campus de escalada
Maís información no teléfono ou emails dos carteis 😉