Ama Dablam 6812

Este é un reto non só para facer unha ascensión a unha cume do Himalaya Nepalí. É un reto dunha viaxe en coche levando material para os máis desfavorecidos.

Así que se tendes material escolar, calzado ou ropa de abrigo que aínda poida ter un mínimo uso, e o queredes doar para esta causa estaremos recibindo material ata o 30 de Novembro tanto no noso local (C/ Padre Sarmiento 8  baixo esq) coma en Cume Norte (C/ Panaderas 9).

Ama Dablam

Semana da Montaña da Coruña 2019

Un ano máis celebraremos en colaboración coa sociedade de montaña Ártabros a XVI semana de montaña.
 
Este ano dedicado especialmente á montaña inclusiva
Semana da Montaña da Coruña
 
O programa será:
 
– Luns ás 20:00 no Centro Cívico Cidade Vella “Montañismo solidario 10 anos de montaña inclusiva” Speaker Pandetarve Club.
 
– Martes ás 20:00 no Centro Cívico Cidade, o equipo galego de alpinismo falará do seu proxecto
 
– Martes ás 20:00 no Club do Mar, charla sobre espeleoloxía “Buraca das Chois, unha gran cova do Courel”
 
– Xoves ás 20:00 na Fundación Luis Seoane estará connosco Urko Carmona, Ganador en varias ocasiones de a Copa do Mundo de Paraclimbing.
 
– Venres ás 20:00 tamen na Fundación Luis Seoane, Siebe Vanhee comentaranos a “Notes from the Wall” unha película con humos, música, compromiso e moito compañerismo onde se relata a escalada a unha das vías mais dificiles da Patagonia
 
– Sábado faremos unha ruta polos sendeiros costeros da cidade.
 
 
Estades todos convidados a participar.