Día Internacional da Muller 2019

Con motivo do Día Internacional da Muller, celebraremos a Xornada de Portas Abertas no Rocódromo de Riazor-Trae a unha amiga/nai/avoa/veciña/compañeira

A data é o 10 de Marzo 2019 das 11:00h as 13:30h

Esta actividade está dentro do Proxecto Social Camina-Escala-Oriéntate.
Esta Xornada quere contribuír á difusión de A Montaña en Femenino.

Plazas limitadas, recoller as entradas en Cume Norte (C/ Panadeiras, 9)

Curso de Iniciación al Montañismo Marzo 2019

Xa temos outro curso de Montañismo, para todos aqueles que queren comezar a moverse polas montañas con seguridade.

Datas: 8 e 9 de marzo.

  • Horario 8 de 20:00 a 22:00
  • Horario 9 de 8:00 a 21:00

Os contidos do curso son:

  • Técnicas de progreso con piolet, crampóns, bastóns e raquetas
  • Maniobra da autodetección
  • Planificación da saída
  • Materiais e loxística
  • Meoroloxía e orientación
  • Risco ea súa xestión

O curso desenvolverase en:

  • A lección teórica na Coruña
  • A lección práctica no arbusto (probablemente Ancares)

Máis información neste PDF.

Proxecto Social 3 Bispos – Ancares

O pasado sábado 16 de febreiro, tivo lugar a primeira ruta do Proxecto Social AMI: Camina-Escala-Oriéntate, fíxose a Tres Obispos – Os Ancares.

Un total de 54 persoas de diferentes grupos que pertencen ao Proxecto, para algúns deles foi a primeira vez que tiveron contacto coa neve, deixámoslles algunhas fotos.

Grazas á Fundación Emalcsa lévase a cabo iste Proxecto, que ademais destas rutas dá a oportunidade a práctica de escalar aos nenos/as.

Comunicado d Clube de Montaña Ferrol

A xente do Clube de Montaña Ferrol nos pide difundir esta mensaxe:

<<Estimad@s amig@s:

Como ben sabedes dende que se constrúeo o ROCODROMO MUNICIPAL DE
FERROL, a atención do Concello foi mínima, independentemente de quen
gobernara.

Se non fora polos esforzos individuais dalgúns deportistas, e do propio
CLUB DE MONTAÑA FERROL, non sería a instalación mais ou menos digna
que é hoxendía

Dende o principio fixémoslle o favor o concello de regular dalgún
xeito a entrada nunha instalación para un deporte que pode resultar
perigoso.

A mediados do 2017 o Concello propuxo facer un acceso controlado
telemáticamente, o que nos pareceu estupendo, como o tempo pasaba e do
concello, por mais que se lle preguntaba non contestaba, a finais do
2017 dixémoslle que deixabamos de facerlle o traballo que tiña que
facer el como no resto das instalacións deportivas.

En vista, de que se prolongaba no tempo, despois do verán avisamos o
concello de que estábamos fartos.

En Outubro, enviamos correo dicindo que iamos facer un acto de protesta,
algo que voltamos a facer en novembro.

O final en decembro convocamos un “trekking” reivindicativo, coa idea de
“poñer” unha porta (fotos anexas).

Non fixemos mais que comunícalo un mércores no concello e o martes
chama o concelleiro papa unha XUNTANZA URXENTE O MARTES SEGUINTE.

Dende aquela por fin o concello estableceu o sistema de control de
acceso, traballo que van a levar eles. E o COMPROMISO DIRECTO DO ALCALDE
de facer un novo acceso que facilite o uso do mesmo, así como unha
revisión e certificación da instalación.

Así pois con tal de cubrir a solicitude que engadimos, e presentala cos
anexos que marca nas oficinas do Pavillón da Malata, TODO O MUNDO
PODERÁ UTILIZAR.

De principio segue a ser unha instalación gratuíta.

Agárdamos que a partires de agora se normalice o funcionamento dunha
instalación municipal.

Un saudo montañeiro

Montaña Ferrol

www.clubmontanaferrol.gal

CLUB MONTAÑA FERROL>>

AMI Asamblea Xeral 2019

Copio e pego o email que se enviou os socios do AMI 2019.

<<Ola,

Este email é una mensaxe coa información xerada na última asamblea (PDF). Tamén engadimos unhas fotos do diseño da sala de escalada que está remantando o AMI.

Agora máis que nunca emprazamos os socios/as do AMI para que o proxecto da sala siga adiante.

Xa estamos no sprint final, por iso queremos compartir con vos o diseño da sala, o AMI somos todos, e este local axudará a que o mundo vertical comece a despegar.

Esta chamada vai tanto para os alumnos da Escola de Escalada Base do AMI, coma aqueles que levan toda a vida escalando, coma os que descubriron a escalada nos cursos de Félix.

Este proxecto está case listo para inauguración. A idea é abrir o antes posible, iso significa intentar estar o primeiros de marzo.

Calqueira dúbida lembrade que no email estamos para aclarala.

Toda esta información é necesaria para ir xestionando os prazos, papeis e accesos o novo local. Por tanto tendes que ler o PDF adxunto, e evaluar as opcións.

Un saúdo>>

Resultado III Open Escalada A Coruña AMI

Neste III Open da Escalda Base Cidade de A Coruña participaron 42 nenas e nenos de entre 6 e 16 anos, asistiron escaladoras/es de Ourense, Pontevedra e Santiago. O Rodócdromo de A Coruña estrenou novos volumes para a ocasión e visto o nivel de escalada mostrado polos participantes ben podemos decir que a escalda base pouco a pouco vai subindo o nivel e acadando novas cotas.

Foi unha tarde de competición, pero sobre todo de convivencia. A nosa sinceira noraboa as/os participantes e moitas grazas a todos os que o fixeron posible: Elena, Pablo, Jaime Larriet, Jaime Ponce e Iñigo como xueces, Ricardo, Roberto, Ernesto y Xavi como aseguradores dos participantes a competición, Diego como animador. Jesus Carnota diseñador do cartel e Nacho como demostrador das vías.

Nesta URL queda a clasificación das probas.

II Trofeo Moonboard Cidade de Ourense

Muy boa actuación dos nosos dos socios Fausto Blanco e David Moran no II Trofeo Moonboard Cidade de Ourense celebrado o pasado sábado 26 de xaneiro onde a parella formada por Adrián Álvarez e Ignacio Castro quedou de terceira, Edsley da Sousa e David Morán segunda e de primeiros a formada Manuel Rivero e Fausto Blanco.

Fausto a punto de lanzarse
David Morán en uno de los problemas
Podium merecido