Escalada nas Fragas do Eume

(A continuación copiamos o comunicado oficial da FGM)

COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO SOBRE A ESCALADA NAS FRAGAS DO EUME (A CORUÑA)

Días pasados, uns escaladores federados que estaban escalando nas Fraguas do Eume foron preguntados polos funcionarios do Parque se informaran da actividade que estaban a facer á Dirección do Parque; como ninguén sabía desa necesidade loxicamente non levaban ningún papel que acreditase a solicitude para escalar. A FGM púxose en contacto coa Dirección do Parque e este é o resultado:

A escalada non está prohibida no parque, pero para a súa práctica será requisito necesario presentar por correo-e unha solicitude que a autorice co nome completo do solicitante, DNI, teléfono de contacto e correo-e, data/s seleccionadas para escalar, sector/es de escalada, e o número de escaladores que acudiredes.

O correo-e ao que hai que envialo é conservacion.coruna@xunta.es, con copia ao enderezo fragas.eume@xunta.es

A día de hoxe non se producíu ningunha restricción nin sanción, pero co fin de evitar calquer malentendido e para que podamos seguir desfrutando da escalada nesa contorna, prégovos difundades esta información entre todo o colectivo.

Calquera disfunción, por favor facedeo chegar á FGM para evitar os malentendidos e anticiparnos a encontros desagradables.

Fragas do Eume
Fragas do Eume