Aviso Importante

Aviso CoronavirusSeguindo a cadea de acontecementos, tanto dende a FGM co comunicado:
<<Estimados Presidentes e Secretarios dos Clubes:
Como consecuencia da crise do Coronavirus, onte mantivemos un encontro na Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, de todas as Federacións Deportivas Galegas coas Autoridades Deportivas.
Esta Federación Galega de Montañismo, co fin de actuar con responsabilidade e salvaguardar a saúde dos nosos federados, xuntas directivas das entidades galegas federadas, Directivos da Federación, Técnicos, Árbitros, etc., tomou con carácter de urxencia as seguintes decisións, na liña das que empezan a tomar os nosos compañeiros das outras Federacións de Galicia:
1º Polo tanto, en función da evolución cambiante dos acontecimentos, quedan suspendidas todas as Actividades Federativas como mínimo ata o próximo día 31 de marzo de 2020, en función da evolución da Pandemia se prorrogaría este prazo de suspensión ata o mes de Abril, ou se anularía.
2º As actividades afectadas, serían reprogramadas para novas datas unha vez pasada a crise sanitaria, polo tanto, trátase en principio única e exclusivamente dun retraso na realización das mesmas.
3º Manteremos informados aos Clubes da evolución dos acontecementos.
4º Recomendamos as Entidades de Montaña Federadas de Galicia, que adopten decisións de prudencia e eviten actos e actividades que podan representar posibles transmisións do virus.
Para todos nos trátase dunha situación incómoda, pero as ingratas decisións que tomamos poden contribuir de maneira decisiva a erradicación definitiva da citada Pandemia.
Sen outro particular, despídome cun cordial saúdo e unha forte aperta.
Presidencia da GFM>
Coma dende o Concello de A Coruña e o aviso adxunto a esta notica, todas as clases da AMI quedan suspendidas ata novo aviso.
Conceloo A CoruñaO clube non estará pechado, pero todo usuaria/o maior de idade acepta a súa responsabilidade no caso de ir.
As/os menores de idade deberán ir cun tutor legal e asinar un permisos explícito de uso da sala.
Matenremosvos informados.