III Maratón de Escalada no Canón do Sil

Os remitimos este evento que nos han enviado desde el Club Alpino Ourensán… La verdad un día de escalada por O Canón do Sil por esas fechas es una muy buena actividad, id haciendo hueco en vuestras agendas.

“Bos Días,

Póñemonos en contacto con vós para informaros dun evento que estamos organizando que seguro é de interese entre os/as vosos/as socios/as que é III Maratón de Escalada no Canón do Sil.

A proba realizarase o 12 de setembro e trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en función da súa dificultade, lonxitude, etc. Gañará a cordada que consiga o maior número de puntos.

É importante descatar que para participar na proba é preciso inscribirse antes do día 30 de agosto ás 23:59. A inscrición realizarase por equipos a través do Club Alpino Ourensán xa sexa nas súas oficinas ou mediante a súa páxina web:

http://inscripcions.clubalpinoourensan.es/maraton/index.php.

A inscrición formalizarase no momento do pagamento da cuota, que será de 14 € por cordada e que dará dereito a:
-Camiseta do evento.
-Un premio para o equipo gañador e o escalador que faga a vía de mais grado
-Sorteo de premios
-Cea final

A aforo estará limitado a 30 cordadas.

No seguinte link podedes atopar toda a información: http://www.clubalpinoourensan.es/maraton/

Debido a limitación no prazo de inscripción ata o 30 de Agosto e as datas de verán, rogamos a máxima difusión entre os/as vosos/as socios/as xa que moitos/as deles seguro estarán interesados/as en participar.

Gracias.

Un saudo.”

III Maratón Escalada Canón do Sil
III Maratón Escalada Canón do Sil