Regulación escalada en Covas IMPORTANTE!

Desde o CLUBE DE MONTAÑA O VERAL recibimos este comunicado que copiamos íntegro, nos interesa y concierne a todos los escaladores.

<<Estimados/as soci@s, a inmensa maioría de vós estades xa ó tanto das prohibicións relativas á escalada en Covas, que como sabedes afectan únicamente a zona galega do P.N. Enciña da Lastra. Ista situación veu provocada pola desidia dos escaladores e particularmente da FGM, que a diferenza doutros colectivos (pescadores ou espeleólogos, por exemplo) apenas interviñemos na redacción e posterior información pública do PORN (Plan de Ordenación de Recursos Naturais) que regula o funcionamento do Parque.

Afortunadamente, a Federación, ante a presión e insistencia por parte dos clubes (especialmente o noso) decidiu tomar por fin cartas no asunto, e leva celebradas xa 3 reunións có Director do Parque. Quixo a mala sorte que nunha visita de campo que todos eles realizaron o outro día, o garda pillara e denunciara a un compañeiro e amigo dalgúns de nós. Polo que sei, ademáis de que é a súa obriga denunciar, o garda de zona está bastante queimado cós enganos ós que o colectivo o someteu en varias ocasións: hai algún tempo un escalador denunciado deulle un DNI falso, outros que viñan claramente de escalar lle contaron a bola de que estaban de paseo, etc, etc. Así que cabe supoñer que o home vai someter a vixianza especial, polo menos nunha tempada, os nosos queridos sectores para ver se empaqueta a alguén máis.
Por outra banda, a boa noticia é que o Director do P.N. está amosando moi boa disposición para que se regule a escalada nas zonas prohibidas, xa que despois da visita do outro día non viu especiais motivos para manter a prohibición total que existe actualmente. En concreto estase falando dos sectores da Hana e de Caliza Ceibe, pero tamén hai boa disposición respecto á Grímpula e os Penedos de Oulego.  A idea sería, nunha primeira fase, permitir a escalada previa autorización, e se pasado un tempo non se amosa especial impacto sobre o ecosistema, autorizaríase a escalar sen restriccións, pero lóxicamente só aqueles meses do ano nos que non exista aniñamento de aves.
Todo isto levará algún tempo e é importante non crear demasiadas expectativas, pero como vedes as cousas van por bó camiño. Por iso é especialmente importante que os escaladores non estraguemos o fantástico traballo que se está a facer e agora máis que nunca amosemos que somos un colectivo respetuoso có medioambiente e coas normas establecidas (aínda que sexan inxustas). Por iso vos pido que en beneficio de todos nós non vaidades escalar ós sectores prohibidos ate novo aviso. Dende o clube estamos en contacto directo coa FGM, así que xa vos iremos informando das posibles novidades que se vaian producindo.
Pidovos encarecidamente tamén que lle deades toda a difusión posible a ista información.
Una aperta!
CLUBE DE MONTAÑA O VERAL>>
CalizaCeibe
CalizaCeibe
(Fotografía de Caliza Ceibe realizada por Victor Barro incluída en su portfolio FotosconLetra)