Convocatoria de prazas para a Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) 2018

Nos envían de la FGM lo siguiente:

<<Ola bo día a tod@s,

A EGAM convoca novas prazas para a incorporación de novos técnicos e técnicas á actual plantilla que ten.

No paragrafo de abaixo podedes ler o comunicado de David, actual director da EGAM.

CONVOCATORIA DE INGRESO DE “TÉCNICO FEDERATIVO” NA ESCOLA GALEGA DE ALTA MONTAÑA (Non de TD RD 318/2000)
 
Por primeira vez dende o 2013, convocamos prazas para técnicos/as federativos (só para deportistas federados/as, non para guías TD profesionais).
 
Se non eres “guía (TD)”, e queres pertencer á EGAM, esta é a túa oportunidade… necesitamos xente coma ti, con capacidade e vontade de axudarnos nas especialidades de esquí de montaña, alpinismo, montañismo, escalada e barranquismo.
 
Axúdanos na formación dos/as deportistas galegos/as.
 

 

Moitas gracias

 
David Pérez Araújo
Director da Escola Galega de Alta Montaña
Federación Galega de Montañismo>>

Convocatoria de ingreso de Técnico/a deportivo

Desde la FGM recibimos la  noticia:

<<CONVOCATORIA DE INGRESO DE “TÉCNICO/A DEPORTIVO” (RD 318/2000 ) DE NIVEL 1, 2 E 3 NA ESCOLA GALEGA DE ALTA MONTAÑA

A presente convocatoria faise para dotar á Escola Galega de Alta Montaña de suficientes técnicos/as deportivos nas especialidades de montañismo, escalada deportiva, escalada en rocha, alpinismo, esquí de montaña e barranquismo que impartan as distintas acción formativas que a Federación Galega de Montañismo necesita desenvolver.

Aquí podeis descargar el PDF con la información necesaria.>>

Convocatoria Árbitro e Equipador de Escalada en Bloque 2017

Dende a FGM recibimos información sobre a Convocatoria Árbitro e Equipador de Escalada en Bloque 2017.

<<Axuntamos pdf coa convocatoria para o examen de árbitro de escalada da FGM modalidade de bloque, e equipador de pasos de escalada de competición, modalidade de bloque, para este ano 2017. >>

Máis información no PDF

Accións formativas da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) 2017

Recibimos da FGM a seguinte información:

<<Accións formativas da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) Xaneiro 2017

O número de conta onde facer o ingreso das matrículas dos cursos e o seguinte

Entidade: ABANCA

ES20 2080 5104 86 3040016923

Todas as dúbidas que teñades, consultalas, non é bo quedarse con elas .

O curso de Iniciación ao Montañismo Invernal do 21 e 22 de xaneiro de 2017 só dispón dunha praza libre.

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse no mesmo curso, pero no mes de marzo. Datas, 11 e 12>>

 

Prazas para Escola Galega de Alta Montaña

Reproducimos a siguiente información da FGM:

<<Ábrese o prazo de presentación de documentación para solicitar o acceso e incorporación a Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) da FGM de federados galegos titulados.

Como sabedes, o obxectivo principal da EGAM é formar aos deportistas federados galegos dende a iniciación ata o perfeccioamento en calquera dos deportes incluidos na FGM. Para o cumprimento de dito obxectivo, a EGAM está formada por técnicos das diferentes especialidades deportivas que dan resposta as inquedanzas dos deportistas federados propoñendo un calendario anual de accións formativas.

Animamos a todos os novos técnicos deportivos formados segundo o RD 318/2000 a formar parte dun colectivo ilusionado e motivado na mellora dos deportes de montaña en Galicia en todos os seus aspectos, deportivos, de respeto co medio natural e seguridade na práctica.

Axuntamos pdf con carta – circular do presidente e formulario para formalizar a entrada na EGAM>>

Circular novos técnicos deportivos

Solicitude novos técnicos deportivos