2ª Proba da Copa Galega de Escalada en Bloque Indoor

Dende a Asociación de Clubes de Montaña de Lugo recibimos este comunicado que reproducimos:

“Estimados compañeiros:

A Asociación de Clubes de Montaña de Lugo organiza o vindeiro sábado 27 de maio a 2ª proba da Copa Galega de escalada en bloque indoor nas nosas instalacións ubicadas no pavillón do Palomar (Avda. dos Deportes, s/n, fronte o hipermercado Carrefeour).

Os clubes de montaña da cidade estamos a facer un enorme esforzo para que esta proba sexa un éxito e sobre todo unha festa do noso deporte, polo que queremos convidarvos a que vos animedes a participar nela. Entre outras, temos preparadas as seguintes sorpresas:

Sorteo de material e valiosos agasallos entre os participantes
Trofeos para os/as gañadores/as
Asistencia por fisioterapeuta
Infusións e café para os participantes
Picnic
Test de pés de gato Scarpa
Photocall
Pinchos ó finalizar a proba

Poderedes atopar máis información na nosa páxina de Facebook

https://www.facebook.com/pg/Copa-Gallega-de-escalada-en-Bloque-LUGO-198086577369135/posts/?ref=page_internal

Lembrade que para participar é imprescindible estar federado coa FGM e cumprir cando menos 12 anos ó longo de 2017.

O enlace para as incricións eiquí:

https://docs.google.com/forms/d/18C5qjxFFl84c4FMHFnCWSKqj_tbJGbVjnmsjWwIQyiY/edit

No caso de que non vos funcionase o enlace, remitide un correo cós vosos datos (nome e apelidos, DNI, clube ó que pertencedes e talla de camiseta) ó correo escalada.lugo@gmail.com 

O horario definitivo da competición será:

09:00-10:00- Recepción de participantes.
09:30-10:00- Charla técnica.
10:00-13:30- Roldas clasificatorias
14:00-16:30- Descanso para comer.
16:30-18:30- Fináis.
19:00- Entrega de premios.
19:30- Acto final de competición.

Apertas.

ASOCIACIÓN DE CLUBES DE MONTAÑA DE LUGO”