Primeiro dar as grazas a todos os que asistiron á 1ª Maratón de escalada da Sala de Bloque da AMI.
Debemos agradecer a todos os que nos apoiaron nesta gran aventura:
Félix “el carpintero”, Finuco, que colaborou con nós desde o principio, proporcionounos moitos materiais necesarios para a Sala. Os colaboradores habituais da nosa escola como Cume Norte, Rgrip, Concello da Coruña, a Fundación Emaclsa e a Diputación da Coruña e Hueko Presas quiso axudarnos neste caso
Grazas aos membros da AMI que colaboraron de xeito desinteresado, pintando, poñendo as arañas, algunha cousa da electricidade: Tono, Nacho, Jaime, Alumudena, Fuco, Iñigo, Elena, Fran, Pedro, Ernesto, Anxa, Jaime, Victoria, Marlem ; aos nenos da escola da AMI: Álvaro, Miguel, Martí, Javi, Grazas a todos
A Jesús Carnota polos carteis, a Ricardo polo apoio informático, e os montadores David Moran e Fausto Blanco.
Esforzámonos moito por tratar de organizar unha proba aseitada para todas/os escaladoras/es , tanto adultas/os como nenas/os, e que puidesen gozar de escalada.
Fomos uns cen practicantes, de todas as idades e de todos os niveis.
Cremos que foi unha boa experiencia, pero hai que facer autocrítica e neste sentido comprometémonos a mellorar algúns aspectos:
Os nenas/os deben estar mellor atendidos. Estabamos preocupados pola masificación, por iso citamos aos adultos máis tarde e agora pensamos que sería bo ter algúns voluntarios para asesorar e axudar aos nenas/os máis novos.
Aínda que equipamos 55 pasos de bloque para a ocasión, e moitos foron de dificultade moderada, hai que pensar na altura dos nenos para que gocen máis.
Non tivemos ningún fotógrafo do evento e agora botamos en falta un bo informe fotográfico.
Continuaremos traballando coa idea de que todas/os poidan gozar de escalada na nosa sala.
Moitas grazas
Clasificación
Sub 12
- Martín Ferreiro
- Javier Gento
- Manuel Graña
Sub 18
- David Álvarez
- Xoel García
- Xavier Carballo
Adultas femenina
- Paula Blanco
- Thais López
- Marta López
Adultos masculino
- Adrian Vázquez
- Jacobo Pérez
- Miguel Bernal