II Maratón de Escalada de Bloque AMI 2019

Xa temos organizada unha nova maratón de bloque na nosa sala.

II Maratón Escalada Bloque Sala AMI

Contaremos coa presencia de dous invitados que non necesitan máis presentación: Alex Txikon e Finuco Martínez, dúas personalidades que teñen feito moito polo mundo vertical.

Apuntade a data do 11 de Maio de 17:00h a 19:00h

Teremos 25 bloques de todos os niveis, supervisados por Carlos Catari para que todo o mundo poida disfrutar.

Ao remate disfrutaremos duns pinchos.

Inscrición:

  • Socios 5€
  • Non socios 10 €

En breve pondremos un formulario na WEB para poder apuntarse.