Rede Natura notificación oficial de limitacións en zonas de escalada

Nesta ocasión copiamos e pegamos o final deste post unhas notificacións oficiais que recibimos hai uns días sobre as novas regulacións adoptadas para as zonas do Canón do Sil e Pena Corneira.

Tamén podedes descargar o comunicado oficial en PDF.

Os sectores en cuestión son un gran trabajo realizado por xente como Miguel Feijoo

Nombres Sectores Cañón del SIl
Nombres Sectores Cañón del SIl

Tamén enlazamos a autorización necesaria, podédela descargar en PDF deste link.

<<Correo do 19/05/2016
Ola bo día a todos,

Do Servicio de Proteción da Natureza de Ourense lémbrannos que para a práctica da escalada nas zonas incluídas dentro da Rede Natura, hai que pedir unha solicitude de autorización cunha semana de antelación.
A solicitude ten que enviarse vía rexistro oficial ou ben presencialmente ao dito servicio, e quedaremos cunha copia por se temos que amosala no lugar.
Xa enviamos un correo de cómo está regulada a escalada no Parque de Enciña da Lastra, e agora, este é para a zona do Canón do Sil e Pena Corneira.
Axuntamos un modelo de solicitude para o Canón do Sil que se pode empregar para Pena Corneira.
Recordar aos practicantes da escalada que a sanción administrativa pode acadar os 6000 €.
Avisaros de novas.

Correo do 24/05/2016
Moi boas a todos,
O venres día 20 enviei un correo informando a todos da normativa aplicada nas zonas de escalada dentro da Rede Natura.

Hoxe envíovos un arquivo onde amplia a información, no senso de comunicarvos que estamos traballando para que esta situación recondúzcase e pedíndovos participación activa dende o eido máis local, concellos e deputacións.

Pedímosvos que non vos desanimedes xa que esto é unha moi longa carreira de fondo, pois cambiar documentos da administración é moi moi complexo. Pero neso estamos.

Saúdos>>