Primeiro Encontro Anual de Alpinismo FGM

Nos envían da FGM a seguinte carta invitando a todo o mundo o Primeiro Encontro Anual de Alpinismo FGM.

PEÑA UBIÑA. 24 e 25 de febreiro de 2018

http://fgmontanismo.es/io-encontro-anual-de-alpinismo-pena-ubina-24-e-25-de-febreiro-de-2018/

Comunicámosvos que xa temos o programa definitivo do Encontro, trátase dunha proposta para afirmar o alpinismo galego actual, para dar ferramentas aos clubes no seu traballo por desenvolver o alpinismo desde a base e para visibilizar as montañas próximas, que compartimos cos nosos veciños do val de Babia, neste precioso macizo da cordilleira Cantábrica. Trátase do noso Encontro, temos que utilizalo para crear sinerxias que nos
permitan tirarlle a máxima rendabilidade, co obxectivo de buscar espacios de comunicación entre os montañeiros, espacios formais e informais onde coñecernos, pornos en rede para ver as novas tendencias e apoiarnos no alpinismo de sempre. Animámosvos a participar porque isto non é posible se non estades!

O Encontro procura crear un lugar común pero tamén espacio formativo e de seguridade, faremos obradoiros técnico-formativos organizados pola Escola Galega de Alta Montaña para todos os públicos, colaboracións con grupos de rescate da Guardia Civil de Montaña nos que avanzaremos en seguridade, información das condicións da montaña, un PDF coas vías de
Peña Ubiña… o Encontro é para todos e para todas, desde a FGM sentimos que é necesario para seguirmos avanzando en común, encordados, ata o cumio.

O lugar escollido non é casual, Peña Ubiña é o noso tesouro alpinístico e o Val de Babia sempre nos acolleu cos brazos abertos. Torrebarrio e San Emiliano serán os puntos de reunión para este Encontro, perto do refuxio da FGM, en Torrebarrio de Arriba, teremos o noso centro de operacións e San Emiliano será o lugar onde asistiremos á conferencia de Carlos Suárez e
á cea común, un banquete de conversas distendidas e risas que servira de antesala aos Premios do Alpinismo Galego e ao sorteo de material que agradecemos a todos os colaboradores e patrocinadores.

Neste enlace podedes ver toda a información do Encontro e o Programa:
http://fgmontanismo.es/io-encontro-anual-de-alpinismo-pena-ubina-24-e-25-de-febreiro-de-2018/
¡¡¡Esperámosvos a todos/as en Ubiña….!!!