Comunicado da Directiva Abril 2020

Ola, esperamos que tod@s vos encontredes ben, levando esta situación surrealista o mellor posible.
 
A continuación poñemos un comunicado da Directiva, en breve esperamos poder ir aclarando máis cosas.
 
Tamén está un enlace duhna enquisa, que aínda a pesar de estar pensada para a xente que acude as actividades que realizamos, soci@ da sala de bloque, estades todos invitados a participar nela, sabedes que sempre eaceptamos unha suxerencia.

Enquisa para escaladores

Comunicado do clube:

<<Estimados socios, alumnos da escola de escalada do AMI e usuarios da Sala de escalada do AMI,

Sodes moitos os que nos preguntastes polo regreso das actividades a cargo do AMI e pola reapertura da Sala. Tamén nos suscitastes a pregunta de cando e como se vai a poder practicar o noso deporte.

Por iso estivemos valorando a información emanante das autoridades achega da volta a práctica deportiva. Segundo o calendario das autoridades, pódese intuír o seguinte escenario:

O 2 de maio saídas e deporte individual con moitas restricciones.

O 4 de maio poderase realizar actividade deportiva individual por profesionais e federados. Non se aclarou si será por franxas horarias e tamén haberá que ter en conta a limitación de desprazamento.

O 11 de maio abrirán os centros de alto rendemento, con limitacións de uso e medidas de higiene e distanciamiento social. Poderase realizar deporte en instalacións con previa cita e actividades sen contacto físico.

O 25 de maio parece que será unha fase de aparente normalidad con medidas de distanciamiento social como aforos limitados nas instalacións deportivas e reforzando as medidas de higiene.

Todas estas medidas iranse concretando; pero sérvennos para facer unha primeira previsión de funcionamento. Aínda que creemos, que a evolución da pandemia e dos efectos das propias medidas de desescalada no confinamiento, será determinante para a concreción das medidas.

É importante o cumprimento rigoroso da normativa establecida polas autoridades, non só por responsabilidade individual e colectiva, senón porque as consecuencias legais do incumplimiento pode ser moi serias.

Por iso recordámosvos que a actividade de escalada e montaña implica riscos e sempre se debe practicar coas maiores cautelas.

Nesta última orde de cousas, de pouco servirá que se permita escalar si non se permite realizar desprazamentos ou se infringe a restricción dos mesmos, isto colocaríanos fóra da lei e posiblemente sen cobertura do noso seguro.

Dirixirémonos/Dirixirémosnos á Federación Galega de Montañismo para que aclare algúns destes aspectos. En canto teñamos máis información farémosvola chegar.

A vontade do AMI é retomar a actividade en canto sexa posible, para iso estamos estudando medidas e realizando diversos traballos coa finalidade de que se poida volver ás nosas actividades de escalada e montaña de forma segura, responsable e cumprindo co disposto polas autoridades. Podémosvos avanzar que se limparon e desinfectado todas as presas da sala, as colchonetas, superficies, e espazos comúns.

Estableceranse unhas normas de uso que permitan cumprir co distanciamiento social e as recomendaciones para evitar a transmisión do virus.

Estaremos moi pendentes do calendario que vaian concretando as autoridades, pero creemos que será ao longo do mes de maio cando se poderá comezar a concretar as datas.

A DIRECTIVA>>

Comunicado Directiva Abril 2020