Inauguramos sección de Marcha Nórdica

AMI inaugura unha nova sección de marchar nórdica.

Irémosvos informando das actividades.

Esta sección será levada por Cecilia Garcia Carrara é  Licenciada  en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade da Coruña (colegiada 12.160); Máster en Actividade Física e Saúde.

Cecilia Garcia

Desde o ano 2013, leva impulsando a práctica da MARCHA NÓRDICA na cidade, onde empezou sendo un deporte totalmente descoñecido e chegando a día de hoxe a ser unha das actividades físicas máis demandadas.

Organizou a nivel nacional dúas competicións:

  • Ano 2017 Proba Puntuable para Ranking FEDME de Marcha Nórdica. Evento que quedará marcado na historia deste deporte por ser a Primeira Competición Oficial de Marcha Nórdica de España.
  • Ano 2019 Copa de España e Primeiro Campionato Galego en modalidade individual.

Para nós é unha alegría poder ter no noso equipo a Cecilia Garcia Carrara e así poder iniciar esta sección con una das persoas impulsoras desta modalidade deportiva dos deportes de montaña.