Comunicado FGM sobre as novas medidas

A Federación Galega de Montanismo envía unha circular interpretativa das novas medidas de prevención ante o COVID 19 durante a práctica deportiva enviada dende a Secretaría Xeral para o Deporte.

Dende a FGM destacan en amarelo todo aquelo que nos afecta como deportistas federados.

O máis importante neste intre e ter moita paciencia, e sobre todo acadar o costume de actuar de xeito preventivo e evitar accións e condutas que poidan conducir a un desenlace non desexado.

Se algún dos vosos asociados atópase nunha das circunstancias que figuran na circular referente as excepcións, tendes que contactar coa Federación Galega Montanismo para a emisión do respectivo certificado.

CIRCULAR INTERPRETATIVA MEDIDAS DEPORTE