Campaña de Escalada na Escola CEIP San Pedro de Visma 2021

Onte a Concelleira de Deportes Dª Mónica Mártinez viu a unha das sesións de Escalada na Escola, nesta ocasión o CEIP San Pedro de Visma.

Escalada na Escola

Con esta Campaña a AMI, quere dar a oportunidade de probar o mundo vertical a todo centro escolar, xa van máis de 5.000 escolares dos centros da nosa cidade.

Sempre cremos que a nosa posición como club debe ser a de formar, visibilizar e difundir as distintas modalidades dos deportes de montaña e especialmente o fomento do Deporte Base.

Esta actividade lévase a cabo grazas á colaboración do Concello da Coruña