Aviso Servizo Municipal Deportes A Coruña

De acuerdo con lo dispuesto en el Real Decreto 926/2020 de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma, se comunica a todos los clubes y entidades que a partir de hoy lunes, día 26, el horario de cierre de las instalaciones deportivas municipales, será a las 23.00 horas (art. 5º, del citado Real Decreto), debiéndose abandonar las mismas con la antelación suficiente, todo ello sin perjuicio de las medidas que adopte el Gobierno Autonómico en las próximas horas.

Nota: la iluminación de las instalaciones deportivas municipales se apagará a las 22.30 horas.

De acordo co disposto no Real Decreto 926/2020 do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma, comunícase a todos os clubs e entidades que a partir de hoxe luns, día 26, o horario de peche das instalacións deportivas municipais, será ás 23.00 horas (art. 5º, do citado Real Decreto), debéndose abandonar as mesmas coa antelación suficiente, todo iso sen prexuízo das medidas que adopte o Goberno Autonómico nas próximas horas.

Nota: a iluminación das instalacións deportivas municipais apagarase ás 22.30 horas.​

Acceso al Rocódromo de Riazor

Según nos informan dende a dirección do Pavillón de Riazor a partir do vindeiro luns 26 de outubro de 2020, pódese empregar o rocódromo.

A capacidade máxima será de 12 persoas e haberá que seguir o protocolo publicado polo Concello.

Deixámosvos tamén o horario empregado polos clubes.

Mentres hai Escola dos clubes pódense empregar, ata completar o aforo de 12.

Durante o desenvolvemento da Escola do Concello NON. (martes e xoves de 19:00 a 20:00)

Estes horarios son o resultado dunha concesión temporal do Concello para a temporada 20/21
HorariosRiazor

 

Tamén vos achegamos o protocolo COVID-19 do Concello que se aplicará no Rocódromo ou calquera instalación deportiva do Concello.

PROTOCOLO COVID-19 OCTUBRE 2020

Noticias da Escola Base de Escalada do AMI

A Escola Base de Escalada e Montaña do AMI reanudou os adestramentos baixo a dirección de Fausto Branco, estes realízanse no Petón do Xalo, na sala de Bloque do AMI ( situada na C/ Pai Sarmiento nº 8 Bj.), visitando tamén o rocódromo de Lugo e como non no Dique de Abrigo.
Este ano celebraremos o 40 aniversario da escalada nesta escola tan peculiar cunha Maratón o primeiro fin de semana de outubro co permiso do Covid-19 onde o noso socio de honor Finuco Martínez dará unha charla, manterémosvos ben informados de todo 😉

Marcha Nórdica Camelle Cabo Vilano

O pasado domingo 5 de xullo, o AMI realizou a primeira actividade de Marcha Nórdica do clube, cunha ruta Camelle a Cabo Vilano, guiada pola Técnica Cecila Graza Carrara, esta actividade estivo subvencionada polo Concello da Coruña.
 
Marcha Nórdica
Ante o interés pola actividade, suscitaremos unha serie de talleres de iniciación, deixámosvos o cartel coa información do primeiro, o custo é de 5€ é unha actividade subvencionada polo Concello da Coruña
Taller de Iniciación Marcha Nórdica

Actividades para Xullo/Agosto 2020

Xa estamos aquí coas novas para esta tempada.
 
Un ano máis organizamos os campamentos de Montaña e escalada da escola Base do AMI, o obxectivo destes campamentos é introducir a l@s menores no apaixonante mundo dos deportes de montaña, con xogos de escalada, orientación.
Campus AMI
 
Tamén un ano máis dentro da nosa campaña da montaña en feminino, xornadas de escalada para mulleres, esta actividade está subvencionada polo convenio que o AMI ten co Concello da Coruña.
A Montaña en Feminino
 

Comunicado da Directiva Abril 2020

Ola, esperamos que tod@s vos encontredes ben, levando esta situación surrealista o mellor posible.
 
A continuación poñemos un comunicado da Directiva, en breve esperamos poder ir aclarando máis cosas.
 
Tamén está un enlace duhna enquisa, que aínda a pesar de estar pensada para a xente que acude as actividades que realizamos, soci@ da sala de bloque, estades todos invitados a participar nela, sabedes que sempre eaceptamos unha suxerencia.

Enquisa para escaladores

Comunicado do clube:

<<Estimados socios, alumnos da escola de escalada do AMI e usuarios da Sala de escalada do AMI,

Sodes moitos os que nos preguntastes polo regreso das actividades a cargo do AMI e pola reapertura da Sala. Tamén nos suscitastes a pregunta de cando e como se vai a poder practicar o noso deporte.

Por iso estivemos valorando a información emanante das autoridades achega da volta a práctica deportiva. Segundo o calendario das autoridades, pódese intuír o seguinte escenario:

O 2 de maio saídas e deporte individual con moitas restricciones.

O 4 de maio poderase realizar actividade deportiva individual por profesionais e federados. Non se aclarou si será por franxas horarias e tamén haberá que ter en conta a limitación de desprazamento.

O 11 de maio abrirán os centros de alto rendemento, con limitacións de uso e medidas de higiene e distanciamiento social. Poderase realizar deporte en instalacións con previa cita e actividades sen contacto físico.

O 25 de maio parece que será unha fase de aparente normalidad con medidas de distanciamiento social como aforos limitados nas instalacións deportivas e reforzando as medidas de higiene.

Todas estas medidas iranse concretando; pero sérvennos para facer unha primeira previsión de funcionamento. Aínda que creemos, que a evolución da pandemia e dos efectos das propias medidas de desescalada no confinamiento, será determinante para a concreción das medidas.

É importante o cumprimento rigoroso da normativa establecida polas autoridades, non só por responsabilidade individual e colectiva, senón porque as consecuencias legais do incumplimiento pode ser moi serias.

Por iso recordámosvos que a actividade de escalada e montaña implica riscos e sempre se debe practicar coas maiores cautelas.

Nesta última orde de cousas, de pouco servirá que se permita escalar si non se permite realizar desprazamentos ou se infringe a restricción dos mesmos, isto colocaríanos fóra da lei e posiblemente sen cobertura do noso seguro.

Dirixirémonos/Dirixirémosnos á Federación Galega de Montañismo para que aclare algúns destes aspectos. En canto teñamos máis información farémosvola chegar.

A vontade do AMI é retomar a actividade en canto sexa posible, para iso estamos estudando medidas e realizando diversos traballos coa finalidade de que se poida volver ás nosas actividades de escalada e montaña de forma segura, responsable e cumprindo co disposto polas autoridades. Podémosvos avanzar que se limparon e desinfectado todas as presas da sala, as colchonetas, superficies, e espazos comúns.

Estableceranse unhas normas de uso que permitan cumprir co distanciamiento social e as recomendaciones para evitar a transmisión do virus.

Estaremos moi pendentes do calendario que vaian concretando as autoridades, pero creemos que será ao longo do mes de maio cando se poderá comezar a concretar as datas.

A DIRECTIVA>>

Comunicado Directiva Abril 2020