Resumo/resultados V Open Nadal Escalada Base Cidade A Coruña

O pasado sábado 19 de decembro celebrouse no Rocodromo de Riazor o V Open de  Escalada Base  Cidade da Coruña, no que participaron 37 nen@s de entre 6 a 17 anos.

Este ano, debido á pandemia, non acudiu ningún club de fóra pero iso non restou importancia á competición. Os escalador@s deron o mellor de si. 

Agradecemos a axuda prestada a Xuíces e equipadores: Jaime Larriet e Fausto Blanco 

Aseguradores e colaboradores:  Gema, Iñigo, Ernesto, Félix, Iker, Apolinar,  Charo, Alberto e Juan

Agradecer a presenza de Dona Mónica Martínez Concelleira de  Deportes do Concello da Coruña na entrega de premios,  apoiando ao noso deporte.

CLASIFICACIONES

XUVENILES

Marti Pérez Tur

Héctor López Alfonso

Miguel Fernández Bravo

INFANTIL

Hadrian  Pérez Gómez

Frederic Bondy García

Álvaro Vila  Fernández

ALEVIN

Javier León Gento Blanco

Consuelo Graña Fajardo

Román Vilas Subirán

BENXAMIN

Manuel Souto Alonso

Olivia Taboada Santos

Daniel Torres Alonso

40 Aniversario da primeira escola de escalada, o Dique de Abrigo

O 11 de decembro, Día Internacional das Montañas, adicado á Biodiversidade.
 
A AMI quixo celebralo conmemorando o 40 aniversario do Dique de Abrigo como escola de escalada, este ano vistas as circunstancias foi necesario aprazar la celebración da Maratón  prevista para a data ata o 2021 .
 
40 Aniversario Dique Abrigo
40 Aniversario Dique Abrigo
 
Facendo entrega dunha placa á Autoridad Portuaria, para reivindicar este espazo como zona compartida de escaladores e otras actividades.
 
Agradecer o apoyo á concelleira de Deportes Mónica Martínez o concelleiro de Turismo Juan Ignacio Borrego (@jiborrego ) presentes en este evento.
 
Agradecer a A Opinión de A Coruña pola cobertura do evento coa publicación deste artigo
 
Aproveitouse o momento para poñer en valor o inmenso mérito de dous xoves escaladores coruñes Fausto Blanco e Finuco Martínez que en 1983 con 16 e 17 anos alcanzaron a cima del Capitán, siendo a día de hoxe a cordada máis joven en conseguilo.
El Capitán 1983
El Capitán 1983
 
Ademáis o 11 de Diciembre é o punto de partida do Proxecto Social Camina- Escala-Oriéntate que a AMI leva a cabo dentro da VII convocatoria de Deporte Solidario e Inclusivo da Fundación Emalcsa
 
Neste video mostramos todo o que puidemos facer no 2020 no proxecto social:
 
 

Open de Escalada Base Cidade A Coruña 2020

Un ano máis, e xa van 5, celebraremos o Open e Escalada Base Cidade a Coruña.
 
Este ano non haberá público e non virán participantes doutros lugares.
 
Pero esperamos que sexa un día de aprendizaxe para os que participen.
 
Con motivo da preparación do Open, o rocódromo permanecerá pechado dende o luns 14 ata o sábado 19 de decembro.
 
Cartel Open Nadal
 
Dende a dirección do Palacio dos Deportes nos indican:
 
1.- As instalacións deportivas municipais tamén permanecerán pechadas:
 
· Os días 24, 31 de decembro e o día 5 de xaneiro a partir das 15.00 horas
 
· Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro durante todo o día
 
2.- Do 24 de decembro ao 6 de xaneiro as entidades que precisen uso das IDM deberán solicitalo de xeito expreso e por rexistro de entrada.

Aviso Servizo Municipal Deportes A Coruña

De acuerdo con lo dispuesto en el Real Decreto 926/2020 de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma, se comunica a todos los clubes y entidades que a partir de hoy lunes, día 26, el horario de cierre de las instalaciones deportivas municipales, será a las 23.00 horas (art. 5º, del citado Real Decreto), debiéndose abandonar las mismas con la antelación suficiente, todo ello sin perjuicio de las medidas que adopte el Gobierno Autonómico en las próximas horas.

Nota: la iluminación de las instalaciones deportivas municipales se apagará a las 22.30 horas.

De acordo co disposto no Real Decreto 926/2020 do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma, comunícase a todos os clubs e entidades que a partir de hoxe luns, día 26, o horario de peche das instalacións deportivas municipais, será ás 23.00 horas (art. 5º, do citado Real Decreto), debéndose abandonar as mesmas coa antelación suficiente, todo iso sen prexuízo das medidas que adopte o Goberno Autonómico nas próximas horas.

Nota: a iluminación das instalacións deportivas municipais apagarase ás 22.30 horas.​

Noticias da Escola Base de Escalada do AMI

A Escola Base de Escalada e Montaña do AMI reanudou os adestramentos baixo a dirección de Fausto Branco, estes realízanse no Petón do Xalo, na sala de Bloque do AMI ( situada na C/ Pai Sarmiento nº 8 Bj.), visitando tamén o rocódromo de Lugo e como non no Dique de Abrigo.
Este ano celebraremos o 40 aniversario da escalada nesta escola tan peculiar cunha Maratón o primeiro fin de semana de outubro co permiso do Covid-19 onde o noso socio de honor Finuco Martínez dará unha charla, manterémosvos ben informados de todo 😉