Resultados IV Open Nadal AMI

Xa fai uns días que tivo lugar o IV Open Escalada Base Ciudade dá Coruña, con 34 participantes de Bestarruza de Ferrol, Aromon de Pontevedra e do AMI da Coruña.

A xornada trascurriu nun ambiente de competición e compañerismo.

Todos gozaron coa vías montadas por Jaime Larriet , Jorge Crespo baixo a supervisión de Fausto Blanco.

Para a entrega de premios tivemos a presenza do D: Juan Borrego concelleiro de deportes do Concello da Coruña, ao cal agradecemos a súa presenza, apoiando o noso deporte.

SUB 10
1.- Javier Gento
2.- Frederic Body
3.- Brais Simón

SUB 12
1.- Martín Ferreiro
2.- Hadrián Pérez
3.- Alvaro Vila

SUB 16
1.- Xavi Carballo
2.- Héctor López
3.- Martí Pérez

A tarde tivo lugar a Xornada de Portas abertas que a pesar do mal tempo tivo cheo de todas as plazas.

Agradecer aos voluntarios Ezequiel Fernandez, Jaime Ponce, Elena Suarez, Ernesto Bondy, Lucia y Hugo o seu traballo para poder facer realidade esta proba.

Tamén agradecer a Jesus Carnota a realización do cartel y a
Ricardo Fraga o seu apoio na loxística.

Open Escalada Base Cidade da Coruña 2019

Un ano mais celebramos o Open de Escalada Base Cidade da Coruña 2019, xa vamos pola IV edición.
 
Open Nadal AMI
O sábado 21 de decembro de 10:00h a 15:30h no Rocódromo de Riazor. Onde @s máis pequen@s poden disfrutar dun día de convivencia e tod@s poidan ir a velos.
Isto será pola maña, e pola tarde Xornada de Portas Abertas de 18:00h a 20:00h, previa retirada das entradas na tenda Cume Norte (R/ Panaderas 9 A Coruña)

Resumo da Copa Galega Base de Escalada 2019

A Copa Galega Base de Escalada 2019 tivo tres probas Vigo (05/05 organizada por CM Celtas), A Coruña (26/05 organizada pola AMI) e Ourense (15/06 organizada por ASESOU)
 
Con gran participación nas tres probas por parte dos xoves dos clubes ASESOU (Ourense), Bestarruza (Mugardos), Montañeiros Celtas (Vigo), AROMON (Pontevedra), Alud (Vigo) e Club de Montaña A Coruña (Coruña), AMI (A Coruña)
 
O equipo dos escaladores/as da AMI tiveron un gran papel, deixámosvos as cualificacións das probas e da final.
 
 
Ademáis dun par de fotos de cada proba.
 
Algúns/as das integrantes do noso equipo participaron na Copa Diputación
2019 – III Trofeo Corpus Cidade de Ourense, acadando algúns dos podiums.
 

Campus Verán Escalada na AMI 2019

Xa temos aquí o Campus de Verán de Escalada
 
Curso de iniciación para cativas/os que desexen iniciarse na escalada e outras activiades de montaña.
 
As quendas serán semanais, comezando o 24 de Xuño a primeira e rematando o 9 de Agosto a última, oo horario será de 9:00h a 14:00h
 
O lugar será na Sala da AMI, facendo saídas ao Rocódromo de Riazor e outros lugares da cidade.
 
Campus Veran