CRONICA / I PROBA DE ESCALADA DE PROMOCIÓN 2026

Este sábado organizamos, xunto coa Federación Galega de Montañismo, a I Proba de Escalada de Promoción 2026 na modalidade de bloque, celebrada no rocódromo de Riazor.
Un evento subvencionado pola Deputación da Coruña, no que tamén colaboraron o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, corroborando o apoio das distintas administracións ao deporte base e ao crecemento da escalada entre a xente máis nova.
O noso club participou con máis de 40 rapaces e rapazas de entre 9 e 16 anos, que amosaron todo o traballo que realizan día a día nos adestramentos, ademais do seu compañeirismo e paixón pola escalada.
A continuación indicamos os podios galegos acadados polos nosos deportistas:
U11 feminino
1ºCarla Pereira
U13 masculino
1º Hugo Cuenda
3º Iván López
U15 masculino
1ºJuan Lavandeira
2º Sahid Espinosa
3º Mateo Ríos
U15 feminino
2ºLía Queijo
3ºIria Puig
U17 masculino
1º Rodrigo Seoane
2º Eric García
3º Enrique López
Paraescalada
1º Guillermo Gael Calvo
Queremos tamén agradecer a visita do secretario xeral e do concelleiro de deportes da Coruña, que se achegaron para ver o evento de primeira man e apoiar a escalada e o deporte base.
E destacar o gran traballo dos equipadores Jaime Larriet, Alejandro Antúnez e Marco Sánchez, que prepararon os bloques para facer unha competición divertida e esixente para todos os participantes.
Parabéns a todos os participantes polo esforzo e a ilusión, e grazas a todas as persoas que fixeron posible esta gran xornada de escalada! ????????♂️


