Escalada na Escola 2026

Escalada na Escola 2026

10 de julio de 2026

Este ano 2026 seguimos coa xa habitual campaña “Escalada na Escola”, coa que achegamos e damos a coñecer unha das nosas modalidades de escalada aos máis cativos e cativas, desde 1º de Primaria ata 2º de Bacharelato da provincia da Coruña.

???? Grazas á subvención da Deputación da Coruña, este ano participaron un total de 1842 rapaces e rapazas.

???? Centros participantes:
IES Neira Vilas (Oleiros), Colegio Jesuitinas (A Coruña), Colegio Grande Obra de Atocha (A Coruña), IES Urbano Lugrís (A Coruña), IES Ordes, CEIP Vila de Rutis (Culleredo), Fogar de Santa Margarida (A Coruña), CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), EIS Carral, IES Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Fene, IES Agra do Orzán (A Coruña), CEIP Ría do Burgo (Culleredo), IES Mugardos, IES Rafael Dieste (A Coruña), CEIP Plurilingüe Graxal (Cambre), IES Parga Pondal (Carballo), Colegio Esclavas (A Coruña), IES Monte das Moas (A Coruña), CEIP Raquel Camacho (A Coruña), CEIP Francisco López Estrada (Mañón-Barqueiro) e Colegio Compañía de María (A Coruña).

???? Seguimos apostando por achegar o deporte e a montaña ás novas xeracións.

@depucoruna