GUILLE PELEGRIN, TERCEIRO DO MUNDO

Hoxe tivemos unha visita moi especial, un amigo do club, Guillermo Pelegrín, pasouse pola nosa sala para saudarnos e para ensinarnos a última medalla que conseguiu, nin máis nin menos que a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Paraescalada (MB2), disputado en Berna (Suíza).
Desde o ami, tamén queremos dar o parabén a Bea, do Grupo Alude, obtendo un fantástico 5.º posto na súa categoría, RP2.
Parabén a ambos, grazas por dar visibilidade á paraescalada en Galicia.