Socio actividades

Socio actividades

Queremos contar contigo para este ano e por iso, móstroche as vantaxes de ser socio do AMI. Leste está pensado para todas aquelas persoas que queiran realizar actividades e estar en contacto co club. 

Dentro dos nosos obxectivos é seguir coa nosa filosofía de club de Montaña, mantendo os valores de esforzo, superación e traballo en equipo. Manter esta gran familia, que todos xuntos formamos, e seguir crecendo e mellorando día a día.

Desde que creamos a Sala de adestramento, máis de 3000 persoas pasaron por ela, e iso é algo do que nos motiva para poder seguir mellorando, creando e facendo do noso pequeno lugar de adestramento, un lugar grande de experiencias, diversión, esforzo e superación persoal.

Levamos a cabo un Proxecto Social “Camiña-Escala-Oriéntache-CEO” (en colaboración coa Fundación Emalcsa) que facilita o achegamento da práctica dos Deportes de Montaña a menores en risco de exclusión social e a persoas en situación de discapacidade.

¿Queres formar parte?

  • O coste e de 40 euros anuais. Incluindo o coste da tramitación da licencia federativa se se dese o caso.
  • Inclue una camiseta do Club.
  • Cota de actividades Familiar: 90€
    • Dous adultos e un ou máis fillas/os
  • Ventaxas de socios de actividades

    • Desconto en todas as actividades que realice o club.
    • Desconto en diferentes entidades da cidade.
    • Acceso á librería do club, onde hai unha gran variedade de guías e libros de montaña.
    • MASTRERCLASS mensuais gratis.
    • Productos de escalada a prezo reducido.
    • Prestamos de material sen coste ou coste moi reducido.

¡Esperamoste!