I PROBA DE BLOQUE AMI 23/24

O pasado xoves día 31 vimos como a nova Liga do AMI 2023/24 era todo un éxito.
Grazas a todos por achegarvos ata a nosa sala para gozar dos bloques que con tanto mimo prepararon os nosos setters: Alex, Poli, Jaime, Fausto, David e Cesar
Foi un verdadeiro orgullo xuntar a tantos escaladores, formando un gran ambiente de escalada e festa.
O antigo formato de dúas probas independentes pasou a ter 3 probas individuais pero na que se sumarán os puntos para un gañador e gañadora final.
Este novo formato tamén ten unha liga para infantís e cadetes, que tiveron a súa participación anteriormente.
Moitas grazas aos colaboradores, que fan que cousas como estas salgan adiante Cume Norte, vaia dúas mochilas de blackdiamond deunos para sortear e a santo power
Un abrazo a todos, vémonos en decembro!
As fotos corren a conta de Diana Fajardo. Moitas grazas pola súa colaboración. A ligazón para descargalas:
https://app.uphlow.com/r/48clxgf5
Un auténtico pracer!
Clasificatorias de la I Prueba de Bloque AMI
