Proxecto social

Proxecto social

Desde os seus inicios en 1986 a AMI reuniu a todo tipo de persoas de diferentes procedencias pero cunha mesma ilusión e paixón polos deportes de Montaña.

Nos Estatutos do club márcase como obxectivo primordial “o fomento e o impulso da práctica continuada dos deportes de montaña, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario”.  Partindo disto a AMI comeza o seu Proxecto Social, cuxa misiónes a utilización da práctica deportiva dos deportes de montaña como ferramenta de integración social, desenvolvendo habilidades físicas e sociais (cooperación, esforzo, responsabilidade, convivencia) e practicando principalmente a inclusión na práctica deportiva.

No 2013 pasamos a Formar parte da I Convocatoria de Deporte Solidario e Inclusivo da Fundación Emalcsa e permanecemos nesta convocatoria ata a actual VIII Convocatoria.

Na AMI, centrámonos no colectivo de menores en situación de vulnerabilidade social, (menores con medidas xudiciais, menores en casa de acollida, menores derivados de asuntos sociais da cidade) e persoas en situación de discapacidade calquera que sexa a súa idade. Colectivos con poucas oportunidades de participar na actividade deportiva de montaña e escasas oportunidades de desenvolver actividades no medio natural.

Os deportes de montaña constitúen unha ferramenta magnífica para ofrecer experiencias positivas, ademais de xerar un impacto positivo nos devanditos colectivos, resultan moi positivos os beneficios mutuos da acción conxunta e a interacción nun contexto de convivencia e respecto pola diversidade, para tod@s os membros da nosa entidade.