Proxecto educativo
Un dos obxectivos do AMI é a divulgación das actividades que se engloban dentro dos deportes de montaña, especialmente entre os máis novos dentro do Deporte Basee e os centros educativos poden ser o punto de partida para lograr estefin.
Debido a requirimentos organizativos e de formación específica de Técnicos, así comode instalacións e material, que dificultan a práctica da escalada dentro das actividades docentes programadas. A AMI quere facilitar este proceso e achegar a escalada e outras modalidades dos deportes de montaña aos centros educativos, divulgando a súa práctica entre o alumnado.
Hai 10 anos durante o curso 2012/2013 a AMI puxo en marcha a CAMPAÑA DE ESCELADA NA ESCOLA, pola que pasaron máis de 7.000 escolares da provincia da Coruña.
A escalada é actualmente unha disciplina recoñecida polo seu alto contido psicológicoy físico, os deportes de montaña teñen un potencial educativo que transcende o meramente motriz, ademais de desenvolver capacidades físicas e un enriquecemento da bagaxe motora, brinda experiencias moi enriquecedoras en aspectos psicolóxicos e sociais. Ensínanos a xestionar o medo, confianza, superación de barreiras e cooperación. Dando a posibilidade ao suxeito de recursos para utilizar positivamente as súas habilidades, para resolver problemas que impliquen un desafío tanto no plano motriz como no afectivo e cognitivo, favorecendo o seu desenvolvemento integral.
A escalada deportiva é un deporte considerado de risco. Con todo esta visión da escalada responde máis o descoñecemento da mesma que á realidade, coas medidas apropiadas de seguridade non hai máis risco que noutros deportes. Os actuais materiais que se usan para a seguridade están máis que probados. A escalada deportiva está incluída máis na denominación de deportes de aventura.
DESTINATARIOS:
- Grupos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
- Grupos de 1º a 4º de la ESO
- Bacherelato e centros de F.P
OBXETIVOS
- Achegar a escalada e outras modalidades dos deportes de montaña á poboación escolar.
- Dar a coñecer a escalada como unha actividade física segura, sen esquecer a concienciación dos seus perigos intrínsecos e a necesidade da súa realización contécnicos.
- Coñecer as habilidades motrices da escalada e outras modalidades do montañismo.
- Dar referentes femininos na práctica deste deporte.
- Crear interese e respecto polo medio natural.
- Dar a coñecer as instalacións deportivas do concello.